Categorías
Uncategorized

Las «viejas glorias» da FGEN

Corrían os anos 90, cando a D. Ricardo Fandillo, Presidente da FGEN naqueles tempos, lle cederon duas embarcacións Correct Craft modelo Ski Nautique. Ía ser o comezo dunha longa aventura, que comezou, co noso amigo Tito Abad ofrecendose para transportar os agasallos dende Barcelona. Fixoo no seu coche, en sendos viaxes para traelos ata Castrelo de Miño.

Comeza aqui a segunda parte da historia, había que polos en marcha e para iso foron sometidos a un longo proceso de restauración. A primeira en chegar pintouse nun amarelo moi vistoso e restaurouse de forma semi integral.

Foi na primavera de 1994 cando e estreou no encoro de Castrelo de Miño, a sua primeira encomenda non era doada, había que atopar xoves promesas, con ganas de vivir este deporte. Albeto Heras, grande deste deporte en todalas facetas, fixo enton unha selección de rapaces e rapazas: Ruy, Javier, Juan Pinal, Iria , Bea… ah! e eu tamen, e por certo ese mesmo dia quedei namorado daquela embarcación para sempre.

Despois de cumplir coa sua funcion uns anos, precisou de coidados nun taller, onde por falta de pago estivo retida ata 2002, no que os irmáns Garrido membros da federacion fixeron unha oferta de compra a FGEN para así poder pagar a debeda ó taller. Agora sigue en áctivo no encoro de Portodemouros en Agolada Clube Náutico.

A segunda embarcacion, mais discreta por fora, non se quedou atras en canto a servizos prestados. Chegou sen motor pero a FGEN conseguiu un motor na escola de Xavi Mill. Instalouselle e inicialmente estivo en Castrelo de Miño, despois dun tempo trasladouse ó Clube Naútico San Telmo, onde estivo en funcionamento varios anos, ata que por mor das choivas se afundiu e tivo que ser reflotado.

Eran tempos dificiles para a FGEN, pero entón apareceu na historia da federación Xoan Nartallo, e fixo posible que non desaparcese. Foi e quen me ofreceu e animou a que puxase por a compra desta embarcación. Gracias a él fixenme con esta compañeira de aventuras e vivencias, e a dia de hoxe sigo disfrutando dela.

É certo que a reparación non foi fácil xa que o motor estaba bloqueado, pero a pericia do meu avó foi clave para poder reparalo e seguir disfrutando do seu son e a facilidade de manexo. Temos que ter en conta que o motor V8 351ci e un dos logros máis laureados da enxeñería americana.

Tui anos 90. Nicolás Grandjean a punto do seu turno en esquís de figuras.

Que sigan durando e envellecendo así de ben, nos seguiremos disfrutando delas.