Categorías
Uncategorized

Campionato de España de Wakeboard Barco

Este fin de semana celebrouse no Delta do Ebro o Campionato de España de Wakeboard Barco. Dous Galegos participaron co apoio da Federación Galega de Esquí Náutico e o Club Esquí Náutico Dummies o que pertencen.

Hugo Bugarín xa ven de proclamarse Subcampión do Mundo en Lisboa o pasado mes de Agosto e obtivo o 1º posto neste campionato nacional sendo o Campión de España na categoría sub 14. O seu irmán obtivo un meritorio posto de 3º Clasificado.

A espera de que a Federación Española de Esquí Náutico os selecione para o Campionato de Europa felicitar os nosos deportistas que un ano máis están a aumentar o nivel do Esquí Náutico Galego.