Categorías
Uncategorized

Tui acollerá o Trofeo Abanca e o Open Ibérico de Wakeboard e Wakesurf o 23 de agosto

A Federación Galega de Esquí Náutico e Wakeboard anuncia a celebración conxunta do Trofeo Abanca e do Open Ibérico de Wakeboard e Wakesurf, que terá lugar o sábado 23 de agosto de 2025 no río Miño, á altura da cidade de Tui (Pontevedra).

Este evento constituirá unha das citas máis destacadas do calendario galego e ibérico da tempada, reunindo deportistas de alto nivel das modalidades de wakeboard e wakesurf, tanto de Galicia como do resto do Estado e Portugal.

💦 O Trofeo Abanca, patrocinado pola entidade financeira galega, reforza a aposta por un deporte sostible, seguro e con proxección internacional, consolidando a súa presenza no circuíto galego de esquí náutico.

🌍 O Open Ibérico representa unha oportunidade excepcional para medir o nivel deportivo a escala peninsular, fomentando a convivencia e a competitividade entre deportistas de diferentes rexións.

📅 Data: sábado 23 de agosto de 2025
📍 Lugar: Tui (Pontevedra) – Río Miño
🏄‍♀️ Disciplinas: Wakeboard e Wakesurf
🎖️ Eventos: Trofeo Abanca & Open Ibérico

O evento contará con todos os medios técnicos, xuíces federados e sistema de puntuación homologado segundo os regulamentos vixentes. Nos próximos días publicarase a convocatoria oficial con horarios, regulamentos e procedemento de inscrición.


📆 Calendario oficial 2025 (FEENW)

Outros campionatos destacados incluídos no calendario oficial da Federación Española de Esquí Náutico e Wakeboard para esta tempada:

  • BOTASKI PRO AM – do 26 ao 29 de xuño en Seseña (Toledo)
  • Campionato de Europa sub14-sub17 de esquí náutico – do 16 ao 20 de xullo en Seseña
  • Campionato Open Internacional de Lleida – 25 e 26 de xullo
  • Campionato de Cataluña de esquí náutico – 26 e 27 de xullo
  • Campionato do Mundo Sub-21 – do 28 de xullo ao 3 de agosto en Calgary (Canadá)
  • World Games – do 5 ao 12 de agosto en Chengdu (China)
  • Campionato de Europa Open de esquí náutico – do 7 ao 10 de agosto en Steyregg (Austria)
  • Campionato de Europa de Cable Wakeboard & Wakeskate – do 18 ao 23 de agosto en Sosnowiec (Polonia)
  • Campionato de Europa Sub-21 de esquí náutico – do 19 ao 22 de agosto en Raasdorf (Austria)
  • Campionato de Europa de Carreiras – do 23 ao 31 de agosto en Viersel (Bélxica)
  • Campionato do Mundo Open – do 26 ao 31 de agosto en Recetto (Italia)
  • Campionato de Europa +35 – do 3 ao 7 de setembro en Melice (Rep. Checa)
  • Campionato de Europa Open Cable Wakeboard & Wakeskate – do 8 ao 13 de setembro en Triolago (Alemaña)
  • Campionato de España Wakeboard & Wakesurf – 20 e 21 de setembro en Entrepeñas
  • Campionato de España de Esquí Náutico – 27 e 28 de setembro en Madrid
  • Campionato Seseña’s International Slalom – 4 e 5 de outubro
  • Campionato de Europa de Wakeboard Barco – do 13 ao 19 de outubro en Deltebre
  • Campionato de España de Cable Wakeboard & Wakeskate – 25 e 26 de outubro en Almería

👉 Federación Galega de Esquí Náutico – Impulsando o deporte na auga desde Galicia para o mundo.

Categorías
Uncategorized

Un ano de novas expectativas para o esquí náutico en Galicia

A Federación Galega de Esquí Náutico afronta este ano con novas iniciativas e proxectos que buscan o fortalecemento e desenvolvemento deste deporte en Galicia. A día de hoxe, as seguintes actividades están programadas e servirán como base para seguir avanzando:

🏆 2º Campionato Galego de Esquí Náutico combinado – Open Ibérico Abanca
O evento deportivo de referencia no esquí náutico galego reunirase nas sedes de Tui e Ourense, o último fin de semana de agosto, para acoller as catro disciplinas da especialidade. Unha cita clave tanto para deportistas como para afeccionados.

🚺 Fomento da Muller e o Deporte – Apoio á base
A FGEN impulsa a participación feminina no esquí náutico con unha dotación de 3.000 €, destinada a apoiar os clubes galegos na organización de actividades específicas para mulleres, fomentando así a práctica e a base deste deporte.

🏅 Cursos de Iniciación ao Esquí Náutico
Grazas á colaboración coa Deputación de Ourense, levaranse a cabo cursos de iniciación en colaboración cos concellos de Cortegada e A Veiga, achegando esta disciplina a novos deportistas e promovendo a súa expansión no territorio galego.

📢 Asamblea Xeral da FGEN – Propostas e planificación
Todos estes temas serán abordados na próxima Asamblea Xeral da FGEN, que se celebrará en Tui antes de final de mes. Será un espazo clave para definir as liñas estratéxicas da Federación, así como para valorar a inclusión de novas propostas e a posible modificación dos temas xa expostos.

Os asambleístas terán a oportunidade de aportar novas ideas e debater sobre a planificación futura, asegurando que o esquí náutico en Galicia continúe a súa evolución de maneira estruturada e efectiva.

Desde a FGEN animamos a todos os membros a participar activamente e a achegar as súas propostas para seguir impulsando este deporte.

Estade atentos ás novidades e vémonos na auga! 🌊⛷️

Categorías
Uncategorized

«Dende a Federación Galega de Esquí Náutico desexámosche unhas Festas cheas de ilusión, alegría e momentos inesquecibles. Que o novo ano veña cargado de éxitos e aventuras no auga! Bo Nadal e Feliz Ano Novo!»

Categorías
Uncategorized

Campionato de España de Wakeboard Wakesurf 2024. Coles. Ourense

Un total de oito deportistas Galegos competirán no Campionato de España de Wakeboard/Wakesurf trofeo Abanca que se celebrará en Coles (Ourense) os días 27-28 e 29 de setembro.

Os catro deportistas de Categorías inferiores teñen moitas posibilidades de alzarse como Campións de España nas diferentes disciplinas. Tamén se espera unha meritoria actuación do resto de deportistas.

Wakeboard:

  • Hugo Bugarín de Francisco
  • Alfonso Rey España
  • Rodrigo Bugarín de Francisco

Wakesurf (surf):

  • Raquel Fernández Rodas
  • Ulises Romero Montero
  • Paco Riveras Muiños
  • Yara de Jesús Aalonso
  • Alfonso Rey España
  • Miguel Baz Androver
  • Antonio Castelo

Wakesurf (skin)

  • Alfonso Rey España
Categorías
Uncategorized

Resultados Copa Deputación Ourense Cto Gallego Esquí Náutico/Wakeboard/Waesurf 2024. Trofeo Abanca Gadis

Categorías
Uncategorized

Relación de inscritos Campionato Galego Esquí Náutico

Categorías
Uncategorized

Resultados Campionato Europeo Esquí Náutico

Meritorio posto 18º para a esquiadora do Clube Esquí Náutico Dummies na seu primeiro debut nun Campionato Europeo, obtendo a mellor marca de tódolos deportista nacionais.

A súa traxectoria, na que en un par de anos está xa na élite Europea, traerá froitos nos próximos Europeos.

Categorías
Uncategorized

CAMPIONATO GALEGO DE ESQUÍ NÁUTICO/WAKEBOARD E WAKESURF

Importante: O Campionato de Esquí Náutico levarase a cabo o 31 de agosto de 2024 en horario de 10:00 a 14:00 en Cortegada. Os adestramentos se realizarán o día 30 en horario de tarde.

Categorías
Uncategorized

Resultados Selección Galega Campionato de España Esquí Náutico

Parabéns os deportistas galegos por conseguir dous campionatos de España en categorías sub 12 feminino e sub 10 másculino, un segundo posto en sub 10 e sub 14 femeininos.

A próxima cita será o Campionato de Europa.

https://www.iwwfed-ea.org/classic/24ESP004/

Categorías
Uncategorized

Campionato de España Esquí Náutico 2024

Un total de cinco deportistas Galegos do Clube Esquí Náutico Dummies competirán no Campionato de España de Esquí Náutico que se celebrará esta próxima fin de semana nas instalacións de 2 Llacs en Gimenels (Lérida). Sendo catro de categorías inferiores

Entre os esquiadores Simoneta Súarez intentará conseguir a marca homologada para entrar dentro das subvencións da Federación Española para poder ir o Europeo, no que competirá no mes de Agosto en Italia.

Moita sorte os deportistas galegos!!!!!!

Na seguinte ligazón se accedo os resultados:

https://www.iwwfed-ea.org/classic/24ESP004/