Categorías
Uncategorized

Las «viejas glorias» da FGEN

Corrían os anos 90, cando a D. Ricardo Fandillo, Presidente da FGEN naqueles tempos, lle cederon duas embarcacións Correct Craft modelo Ski Nautique. Ía ser o comezo dunha longa aventura, que comezou, co noso amigo Tito Abad ofrecendose para transportar os agasallos dende Barcelona. Fixoo no seu coche, en sendos viaxes para traelos ata Castrelo de Miño.

Comeza aqui a segunda parte da historia, había que polos en marcha e para iso foron sometidos a un longo proceso de restauración. A primeira en chegar pintouse nun amarelo moi vistoso e restaurouse de forma semi integral.

Foi na primavera de 1994 cando e estreou no encoro de Castrelo de Miño, a sua primeira encomenda non era doada, había que atopar xoves promesas, con ganas de vivir este deporte. Albeto Heras, grande deste deporte en todalas facetas, fixo enton unha selección de rapaces e rapazas: Ruy, Javier, Juan Pinal, Iria , Bea… ah! e eu tamen, e por certo ese mesmo dia quedei namorado daquela embarcación para sempre.

Despois de cumplir coa sua funcion uns anos, precisou de coidados nun taller, onde por falta de pago estivo retida ata 2002, no que os irmáns Garrido membros da federacion fixeron unha oferta de compra a FGEN para así poder pagar a debeda ó taller. Agora sigue en áctivo no encoro de Portodemouros en Agolada Clube Náutico.

A segunda embarcacion, mais discreta por fora, non se quedou atras en canto a servizos prestados. Chegou sen motor pero a FGEN conseguiu un motor na escola de Xavi Mill. Instalouselle e inicialmente estivo en Castrelo de Miño, despois dun tempo trasladouse ó Clube Naútico San Telmo, onde estivo en funcionamento varios anos, ata que por mor das choivas se afundiu e tivo que ser reflotado.

Eran tempos dificiles para a FGEN, pero entón apareceu na historia da federación Xoan Nartallo, e fixo posible que non desaparcese. Foi e quen me ofreceu e animou a que puxase por a compra desta embarcación. Gracias a él fixenme con esta compañeira de aventuras e vivencias, e a dia de hoxe sigo disfrutando dela.

É certo que a reparación non foi fácil xa que o motor estaba bloqueado, pero a pericia do meu avó foi clave para poder reparalo e seguir disfrutando do seu son e a facilidade de manexo. Temos que ter en conta que o motor V8 351ci e un dos logros máis laureados da enxeñería americana.

Tui anos 90. Nicolás Grandjean a punto do seu turno en esquís de figuras.

Que sigan durando e envellecendo así de ben, nos seguiremos disfrutando delas.

Categorías
Uncategorized

Resultados Campionato de España

Un total de cinco deportistas Galegos competiron no Campionato de España de Esquí Náutico. Sendo catro de categorías inferiores.

Obtendo a FGEN tres Campións de España en Sub 10, 12 e 14 e un terceiro posto en Sub 17. Dominando así as Categorías Inferiores.

Os deportistas Lourdes, Pedro, Simoneta e Mario son procedentes do Clube Náutico Dummies de Ourense e Antonio Pascual do Clube Náutico San Telmo de Tui.

Parabéns para os Deportistas Galegos!!!!

Categorías
Uncategorized

Lista definitiva de inscritos e resultados Open Ibérico Trofeo Abanca. Copa Deputación Ourense

A lista actualizase o recibir as inscripcións

RESULTADOS OPEN IBÉRICO COPA DEPUTACIÓN OURENSE

Categorías
Uncategorized

Deportistas Galegos no Mundial

Dous deportistas Galegos serán os encargados de representar a Galicia neste 2023 nos diferentes Campionatos do Mundo.

Antonio Pascual, do Clube Náutico San Telmo competiu xa no mundial de slalom sub 17 celebrado en Seseña (Toledo) os pasados días 9 o 13 de agosto, acadando un meritorio posto 30.

http://www.iwwfed-ea.org/classic/23EURO06/

Hugo Bugarín, do Clube Náutico Dummies de Ourense competirá no mundial da World Wake Association que se celebrará en Lisboa do 31 de agosto o 3 de septembro.

Nautique WWA Wakeboard World Championships presented by GM Marine Engine Technology

Parabéns e moita sorte para os nosos deportistas!

Categorías
Uncategorized

Open Ibérico de Esquí nautico e cable-wakeboard Semana Abanca

Os próximo días 2 e 3 de septembro celebrarase nas localidades de Cortegada (Ourense) e Fornelos de Montes (Pontevedra), os campionatos para as disciplinas de Esquí Náutico (Figuras e Slalom) e Wakeboard.

As datas de celebración serán:

2 de septembro de 12:00h a 19:00h. Open Ibérico de Esquí Náutico. Cortegada (Ourense). Sede Club Esquí Náutico Dummies

3 de septembro de 11:00h a 17:00h. Open Ibérico de Cable Wakeborad

Fornelos de Montes (Pontevedra) Sede Fornelos Wake Club.

En breve se informará de inscripcións e horarios definitivos.

Categorías
Uncategorized

Cursos Deporte Base Club Dummies

Xa están activos os cursos para o fomento do Deporte Base no Encoro de Frieira, no acceso o Balneario de Arnoia (Ourense). Os cursos estarán operativos ata finais do mes de septembro e constan do apoio da Deputación Provincial de Ourense. Para máis información clubdummies@gmail.com

Categorías
Uncategorized

Campo Slalom FGEN Cortegada

Xa se encontra instalado o campo de Slalom da FGEN en Cortegada. Tódolos Federados e Clubes Galegos poden facer uso das instalacións. A data de retirada será a finais do mes de setembro.

O campo de slalom servirá para a realización do Open Ibérico de Esquí Náutico

Categorías
Uncategorized

Cursos Deporte Base 2023. Club Náutico San Telmo

Gracias o apoio da FGEN están en marcha os cursos que o Club Náutico San Telmo está realizando no Miño para o fomento do Deporte Base <16 anos.

Para máis información no teléfono 657 875 716 ou no enderezo electrónico nautico@cnsantelmo.com