Categorías
Uncategorized

OPEN INTERNACIONAL 2LLACS – CATALUNYA-LLEIDA-GIMENELLS

Parabéns para os dous deportistas Galegos do Club Esquí Náutico Dummies que a pasado fin de semana obtiveron as medallas de ouro no Open internacional de Cataluña.

Os irmáns Suárez Riesco continúan cunha boa progresión despois da súa primeira participación no Campionato de España 2022 e con moitas posibilidades de facerse co Campionato de España que se celebrará en Seseña a finales do mes de agosto.

http://www.iwwfed-ea.org/classic/23ESP003/

Categorías
Uncategorized

Campionato Madrid Wakeboard

Os irmáns Bugarín do Team Nautique e pertencentes o Clube Esquí Náutico Dummies obtiveron esta pasada fin de semana os dous primeiros postos nas categorías inferiores do Campionato de Madrid de Wakeboard.

Parabéns para os nosos deportistas por os logros desta pasada fin de semana.

Categorías
Uncategorized

Información Open Ibérico. Boletín Campionato

Categorías
Uncategorized

Asamblea FGEN

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO XULLO 2023

Convócase a Asemblea Xeral e a Comisión Delegada Ordinaria para o
mércores día 13 de xullo de 2023 as 20:00h. No Club Náutico San Telmo sito en Baixada o Embarcadoiro s/no, Tui. Pontevedra.

Categorías
Uncategorized

Curso Esquí Náutico Figuras 2023 en Colaboración Club Esquí Náutico Dummies

O Clube Esquí Náutico Dummies en Colaboración ca Federación Galega de Esquí Náutico organiza a finales do mes de Xullo e pincipios de Agosto un curso de Figuras impartido por o Subcampión de España Alvaro Montes. A duración do Curso será de 3 días consecutivos*, durante as tardes en horario de 16:00 a 20:30h.

O curso realizarase no Encoro de Frieira nas inmediacións da Vila De Cortegada, no antigo Balneario. O curso realizarase cunha inscripción mínima de 6 persoas.

O curso inclue a Licencia Federativa individual anual por importe de 75€ (se pode consultar o prezo na paxina web da Federación), tamén se inclue o material necesario para a práctica. O custe total por o conxunto será de 200€.

*As datas poden sufrir variacións en función dos inscritos.

Para máis información: clubdummies@gmail.com ou no tel: 678022155

Categorías
Uncategorized

Axudas a clubs 2023

A Federación consciente da necesidade do Deporte Base concederá unha axuda de ata 1000€ (mil Euros) os Clubes Galegos que fomenten o Deporte base de deportistas menores de 16 anos e o Deporte Adaptado.

As bases das axudas poderanse solicitar mediante correo electrónico info@fgen.net ou no teléfono 667767527.

A data límite de solicitude será o día 31 de xullo. E o tempo máximo para o desenrolo da actividade finalizará o 31 de outubro.

Categorías
Uncategorized

Open Ibérico de Esquí Náutico, wakesurf y wakeboard, Semana Abanca 2023

2 e 3 septiembre. Cortegada. Ourense