Durante anos a FGEN non dispuxo dun lugar fixo para a práctica do Esquí Náutico de Competición. Neste ano a Federación traballou moito este aspecto conseguindo os permisos pertinentes para a autorización no Encoro de Frieira. A base situouse no Concello de Cortegada no zona do Balneario.
As primeiras sensacións foro moi satisfactorias, e os membros das Selección están adestrando moi duro para aumentar o seu nivel.
Temos que agradecer o traballo do Secretario en Funcións Javier Pamies e o apoio do Concello de Cortegada e os seus habitantes.
Nos próximos días a FGEN organizará un campionato de Esquí Náutico no campo de Slalom que se instalará para tal fin no maree esquerdo do río onde se atopan os pantaláns.