A FGEN ven de solicitar a realización do Campionato de España de Wakeboard 2024, revindicando a volta a Galicia desta proba que dende o 2009 non se celebra na nosa comunidade.
Como posible datas o días 28 y 29 de septembro, a ubicación no Club Náutico de Castrelo de Miño, que reúne as instalaciones optimas para la realización de este evento.
Convócase a Asemblea Xeral e a Comisión Delegada Ordinaria para o mercores día 20 de decembro de 2023 as 19:30h. No Club Náutico San Telmo sito en Baixada o Embarcadoiro s/no, Tui. Pontevedra.
ORDE DO DIA
– Aprobación da acta da reunión anterior.
– Seguimento e resume da actividade Federativa 2023.
– Ratificación e importe de axuda a Clubes Galegos 2023.
– Selección Galegas. Resultados e estudo 2024.
– Resolución aprobación orzamento montaxe campo Slalom Tui
Este fin de semana celebrouse no Delta do Ebro o Campionato de España de Wakeboard Barco. Dous Galegos participaron co apoio da Federación Galega de Esquí Náutico e o Club Esquí Náutico Dummies o que pertencen.
Hugo Bugarín xa ven de proclamarse Subcampión do Mundo en Lisboa o pasado mes de Agosto e obtivo o 1º posto neste campionato nacional sendo o Campión de España na categoría sub 14. O seu irmán obtivo un meritorio posto de 3º Clasificado.
A espera de que a Federación Española de Esquí Náutico os selecione para o Campionato de Europa felicitar os nosos deportistas que un ano máis están a aumentar o nivel do Esquí Náutico Galego.
Segundo a reunión da Asemblea de data 8 de septembro de 2024 apróbase un orzamento económico de ata 1000€ para a instalación dun campo de slalom permanente no Río Miño, o seu paso por a localidade de Tui, entre os meses de maio e outubro de 2024.
Este campo de slalom xa dispón dos permisos necesarios obtidos por O Clube Náutico San Telmo, e xa estivera instalado en Tui ata aproximadamente o ano 2020.
Ca incorporación deste Campo de Slalom a Federación Galega de Esquí Náutico pasará a ter duas instalacións semipermanentes; unha na provincia de Ourense e outra en Pontevedra.
Corrían os anos 90, cando a D. Ricardo Fandillo, Presidente da FGEN naqueles tempos, lle cederon duas embarcacións Correct Craft modelo Ski Nautique. Ía ser o comezo dunha longa aventura, que comezou, co noso amigo Tito Abad ofrecendose para transportar os agasallos dende Barcelona. Fixoo no seu coche, en sendos viaxes para traelos ata Castrelo de Miño.
Comeza aqui a segunda parte da historia, había que polos en marcha e para iso foron sometidos a un longo proceso de restauración. A primeira en chegar pintouse nun amarelo moi vistoso e restaurouse de forma semi integral.
Foi na primavera de 1994 cando e estreou no encoro de Castrelo de Miño, a sua primeira encomenda non era doada, había que atopar xoves promesas, con ganas de vivir este deporte. Albeto Heras, grande deste deporte en todalas facetas, fixo enton unha selección de rapaces e rapazas: Ruy, Javier, Juan Pinal, Iria , Bea… ah! e eu tamen, e por certo ese mesmo dia quedei namorado daquela embarcación para sempre.
Despois de cumplir coa sua funcion uns anos, precisou de coidados nun taller, onde por falta de pago estivo retida ata 2002, no que os irmáns Garrido membros da federacion fixeron unha oferta de compra a FGEN para así poder pagar a debeda ó taller. Agora sigue en áctivo no encoro de Portodemouros en Agolada Clube Náutico.
A segunda embarcacion, mais discreta por fora, non se quedou atras en canto a servizos prestados. Chegou sen motor pero a FGEN conseguiu un motor na escola de Xavi Mill. Instalouselle e inicialmente estivo en Castrelo de Miño, despois dun tempo trasladouse ó Clube Naútico San Telmo, onde estivo en funcionamento varios anos, ata que por mor das choivas se afundiu e tivo que ser reflotado.
Eran tempos dificiles para a FGEN, pero entón apareceu na historia da federación Xoan Nartallo, e fixo posible que non desaparcese. Foi e quen me ofreceu e animou a que puxase por a compra desta embarcación. Gracias a él fixenme con esta compañeira de aventuras e vivencias, e a dia de hoxe sigo disfrutando dela.
É certo que a reparación non foi fácil xa que o motor estaba bloqueado, pero a pericia do meu avó foi clave para poder reparalo e seguir disfrutando do seu son e a facilidade de manexo. Temos que ter en conta que o motor V8 351ci e un dos logros máis laureados da enxeñería americana.
Tui anos 90. Nicolás Grandjean a punto do seu turno en esquís de figuras.
Que sigan durando e envellecendo así de ben, nos seguiremos disfrutando delas.
Fin tempada 2023. Instalacións Club Esquí Náutico Dummies (Ourense)
Un total de cinco deportistas Galegos competiron no Campionato de España de Esquí Náutico. Sendo catro de categorías inferiores.
Obtendo a FGEN tres Campións de España en Sub 10, 12 e 14 e un terceiro posto en Sub 17. Dominando así as Categorías Inferiores.
Os deportistas Lourdes, Pedro, Simoneta e Mario son procedentes do Clube Náutico Dummies de Ourense e Antonio Pascual do Clube Náutico San Telmo de Tui.