
🌊 CHEGA A COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE 2025 – OPEN IBÉRICO 🏄♀️
Os vindeiros 22 e 23 de agosto de 2025, a Pista de Cortegada, no río Miño (Ourense), será o escenario dunha nova edición da Copa Deputación de Ourense – Open Ibérico, enmarcada na prestixiosa Semana ABANCA.
Este evento reunirá ás e aos mellores especialistas nas disciplinas de wakeboard, wakesurf e esquí náutico, nunha cita que xa é referente no calendario ibérico dos deportes acuáticos.
📅 O 22 de agosto estará reservado para os adestramentos oficiais
🏆 O 23 de agosto celebrarase a competición oficial, aberta a todas as categorías.
A organización corre a cargo do Clube Esquí Náutico Dummies, coa colaboración da Federación Galega de Esquí Náutico, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e numerosos patrocinadores que fan posible esta gran cita deportiva.
🔗 Para máis información, consulta o programa escaneando o código QR do cartel.