
🚤 A Federación Galega de Esquí Náutico e Wakeboard (FGEN) incorporou á súa flota unha nova embarcación pneumática semirríxida Vanguard, equipada con motor foraborda de 50 CV, que estará á disposición dos clubs e deportistas galegos como ferramenta de apoio ao deporte de base.
A adquisición foi posible grazas á subvención concedida pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño de 2025), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, convocatoria 2025 (código de procedemento PR949A), da Secretaría Xeral para o Deporte. A axuda foi outorgada mediante a Resolución do 3 de novembro de 2025 (DOG núm. 219, do 12 de novembro de 2025), dentro da liña destinada ás federacións deportivas galegas.
🤝 O proxecto contou ademais co apoio económico de Triente S.L., empresa organizadora da Semana Abanca, cuxa colaboración foi fundamental para completar o financiamento da embarcación. Así mesmo, a federación quere agradecer a Vanguard as condicións especiais ofrecidas para a adquisición da pneumática.
💡 Unha embarcación innovadora ao servizo da base


🙏 Agradecementos
Desde a Federación Galega de Esquí Náutico e Wakeboard queremos expresar o noso agradecemento á Xunta de Galicia — Secretaría Xeral para o Deporte, a Triente S.L. (Semana Abanca) e a Vanguard por facer posible esta adquisición, que redundará directamente en beneficio dos nosos deportistas e clubs. 💙

