Categorías
Uncategorized

🏆 O Dummies domina o medalleiro do Open Ibérico-Copa Deputación de Ourense, na Semana Abanca

O Parque Náutico de Galicia de Castrelo de Miño acolleu este sábado a disputa do Open Ibérico Semana Abanca–Copa Deputación de Ourense de esquí náutico, wakeboard e wakesurf, cunha participación duns cincuenta riders do Club Esquí Náutico Dummies Ourense, Agolada Clube Náutico, Real Club Náutico de Vigo, Club Náutico San Telmo e Club Esquí Náutico Madrid (Cerro de Alarcón), ademais de varios riders portugueses.

O Club Esquí Náutico Dummies foi o gran protagonista da xornada: sumou 12 podios (3 ouros, 4 pratas e 5 bronces), a cifra máis alta de todo o campionato, tanto en volume de podios coma en número de títulos.

Campións por disciplina

  • Figuras: Álvaro Montes Gómez (Dummies) – 1.240 puntos
  • Iniciación: Ariadna Presas Sánchez (Dummies)
  • Wakesurf Máster: Miguel Baz (RCN Vigo)
  • Slalom Senior: Luis Dieguez (CEN Madrid)
  • Slalom Open: Alberto Porto Fernandes (Agolada)
  • Slalom Sub 17: Pablo Fernandes Casal (Agolada)
  • Minislalom: Nicolás Jiménez Ordóñez (San Telmo)
  • Wakesurf Junior: Paco Riveras Muiños (RCN Vigo)
  • Wakesurf Infantil: Candela Rey Sánchez (RCN Vigo)
  • Wakesurf Femeninas: Raquel Fernández Rodas (San Telmo)

Resto de podios do Dummies

Ruy Andrade Pereira (subiu ao cadro en tres disciplinas: Slalom Senior, Figuras e Wakesurf Máster), Nicolás Grandjean Abando (2º en Slalom Senior), Aitana Vidal González (2ª en Minislalom e 2ª en Wakesurf Femeninas), Juan Pinal Osorio (3º en Minislalom), Pelayo Grandjean (3º en Slalom Open) e Lara Vicente Barreiros (3ª en Iniciación).

Resultados repartidos entre os cinco clubs

O Real Club Náutico de Vigo sumou 6 podios, con tres títulos (Miguel Baz, Paco Riveras Muiños e Candela Rey Sánchez). O Club Náutico San Telmo logrou dous campionatos (Nicolás Jiménez Ordóñez e Raquel Fernández Rodas). Agolada Clube Náutico sumou 5 podios e dous títulos (Pablo Fernandes Casal e Alberto Porto Fernandes), mentres que o Club Esquí Náutico Madrid (Cerro de Alarcón) levou o título de Slalom Senior da man de Luis Dieguez.

A organización agradeceu a implicación dos cinco clubs participantes e do corpo de xuíces, e xa traballa na vindeira edición do Open Ibérico, co obxectivo de consolidar Castrelo de Miño como sede habitual do calendario galego de esquí náutico e wakeboard.

Agradecementos

A Federación Galega de Esquí Náutico e Wakeboard quere amosar o seu agradecemento ao Club Náutico de Castrelo de Miño, ao Concello de Castrelo de Miño, á Semana Abanca e á Deputación de Ourense, pola súa colaboración e apoio na organización desta proba. Así mesmo, agradece o traballo e a implicación de todas as persoas que fixeron posible esta edición: o corpo de xuíces e cronometradores, os pilotos de lancha, os voluntarios e persoal de organización, os clubs participantes e as súas familias, sen os que non sería posible sacar adiante unha competición deste nivel.

Categorías
Uncategorized

Programa Fomento Deportivo Deputación de Ourense 2026

PROGRAMA FOMENTO DEPORTIVO 2026. PRIMEIRA PARADA EN CASTRELO DE MIÑO

A Deputación de Ourense, a través do Programa Fomento Deportivo 2026, organiza unha nova actividade de esquí acuático en Castrelo de Miño, da man do Club Náutico Castrelo de Miño.

📅 Datas: xoves 20 e venres 21 de agosto (orientativas)
🕐 Horario: de 10:00 a 14:30 h
📍 Lugar: Club Náutico Castrelo de Miño
👥 Idade: a partir de 6 anos
🎟️ Prazas: limitadas, máximo 8 persoas por día, por orde de recepción

Inscricións online: forms.gle/1VtRjV1ckQF3wNwb6

Organiza: Deputación de Ourense, FGENW, Concello de Castrelo de Miño e Club Náutico Castrelo de Miño.
Máis información: FGENW · 629 370 408 | Concello · 988 493 000