Abre unha nova etapa para o esquí náutico, o wakeboard e o wakesurf galegos 🚤
📍 Ourense, 31 de outubro de 2026. A Asemblea Xeral da Federación Galega de Esquí Náutico (FGEN), reunida na sede federativa, elixiu a José Alfonso Rey España como novo presidente para o período 2026–2029, a expensas da proclamación definitiva pola Xunta Electoral. Foi o único candidato, polo que resultou elixido sen necesidade de votación.
Alfonso Rey é unha persoa moi coñecida no noso deporte. Foi o gran impulsor do wakeboard e do wakesurf en Galicia 🏄♂️, con podios nacionais ao longo da súa traxectoria, e coñece a federación por dentro despois de anos de traballo nela.
💪 Unha federación saneada e con futuro
A nova presidencia recibe unha federación saneada e cunha base sólida para seguir medrando. Iso permitirá impulsar o deporte base, as Seleccións Galegas e a promoción do esquí náutico en toda Galicia.
🙏 Grazas, Jacobo
A FGEN quere agradecer a Jacobo Martín Pereira Vázquez máis de vinte e cinco anos á fronte da federación. Colleuna nun momento moi complicado e entrégaa hoxe saneada, con actividade e cuns deportistas galegos que acumulan éxitos nacionais e internacionais 🥇🌍.
🌊 Un deporte para todos
Desde a FGEN animamos a clubs, deportistas, técnicos, xuíces, voluntarios e familias a seguir remando xuntos nesta nova etapa. Porque o esquí náutico é un deporte para todos! 💙
#EsquíNáuticoGalego #Wakeboard #Wakesurf #FGEN #DeporteGalego
