Categorías
Uncategorized

Cortegada superou o vento e a choiva e celebrou con éxito a Copa Deputación de Ourense de Esquí Náutico e Wakeboard na Semana ABANCA 2025

Cortegada, 20 de setembro de 2025
Nin o vento moderado nin a lixeira choiva que acompañaron a mañá no encoro de Cortegada puideron empañar a celebración da Copa Deputación de Ourense de Esquí Náutico e Wakeboard 2025, unha das citas destacadas da prestixiosa Semana ABANCA. A proba, que tivera que ser aprazada en agosto debido aos incendios forestais que afectaron a Galicia, viviuse cunha especial emoción por parte de deportistas, técnicos e público.

Organizada pola Federación Galega de Esquí Náutico (FGEN) co apoio da Deputación de Ourense e do Concello de Cortegada, a xornada reuniu a participantes de toda Galicia e de clubs nacionais de referencia, consolidando a Cortegada como un dos escenarios clave do calendario autonómico.

Bo nivel deportivo 💥

Na modalidade de slalom, varios esquiadores acadaron moi boas marcas, confirmando a progresión da canteira galega e o alto nivel das categorías sénior e open. En wakeboard e wakesurf, o público gozou cun amplo repertorio de trucos espectaculares e manobras de gran calidade, que arrincaron aplausos en cada manga.

A competición contou ademais cunha categoría de iniciación de esquí náutico, destinada a novos deportistas procedentes dos cursos de promoción do deporte base impulsados pola FGEN, reforzando así o compromiso federativo coa formación e coa captación de talento.

Resultados destacados 🏆

  • Esquí Infantil / Hipermini
    🥇 Nicolás Figueiredo (Dummies)
    🥈 Paula Silva (Dummies)
    🥉 Mateo Bernardez (Dummies)
  • Mini Slalom
    🥇 Juan Pinal (Dummies)
    🥈 Nicolás Jiménez (San Telmo)
    🥉 Alberto Estévez (San Telmo)
  • Sub 17
    🥇 Simoneta Suárez (Dummies)
    🥈 Pedro Suárez (Dummies)
    🥉 Lourdes Suárez (Dummies)
  • Slalom Open
    🥇 Nicolás Reguera (Arcade)
    🥈 Martina Senra (Arcade)
  • Slalom Sénior
    🥇 Ruy Andrade (Dummies)
    🥈 Martín Vázquez (A Golada Clube)
  • Wakeboard Infantil
    🥇 Pablo Riveras (CN Vigo)
    🥈 Luis Míguez (CN Vigo)
    🥉 Arlises Roncero (CN Vigo)
  • Wakesurf Feminino
    🥇 Raquel Rodas (San Telmo)
    🥈 Aitana Vidal (Dummies)
    🥉 Martina Senra (Arcade)
  • Wakesurf Infantil
    🥇 Marina Dugo (CN Entrepeñas)
    🥈 Sofía Li (CN Vigo)
    🥉 Candela Rey (San Telmo)
  • Wakeboard Máster / Sénior
    🥇 Miguel Vázquez (Dummies)
    🥈 Gonzalo Rey (San Telmo)
    🥉 Guillermo Pérez (San Telmo)
  • Wakeboard Feminino
    🥇 Marina Dugo (CN Entrepeñas)
    🥈 Ana Freixas (CN Entrepeñas)
    🥉 Sofía Dugo (CN Entrepeñas)
  • Wakeboard Masculino
    🥇 Pablo Dugo (CN Entrepeñas)
    🥈 Gonzalo Rey (San Telmo)
    🥉 Miguel Vázquez (Dummies)

Respaldo instituciona

O evento converteuse tamén nun escaparate institucional e social. A entrega de premios contou coa presenza de directivos de ABANCA, representantes da Xunta de Galicia, Deputacion de Ourense, o alcalde de Cortegada e diferentes patrocinadores, nun claro xesto de apoio ao deporte náutico galego.

Balance organizativo

O alto nivel competitivo, as boas marcas acadadas no auga, o espectáculo de trucos en wakeboard e wakesurf e a incorporación da categoría de iniciación procedente dos cursos de promoción confirmaron a Cortegada como sede de referencia do esquí náutico en augas interiores.

A Federación Galega de Esquí Náutico destacou a gran proxección da canteira galega e o esforzo dos clubs participantes (Arcade, San Telmo, A Golada Clube, Dummies, CN Vigo e CN Entrepeñas), así como a consolidación da Semana ABANCA como escaparate internacional do deporte en Galicia.

Agradecementos

A FGEN agradece a colaboración da Deputación de Ourense, o Concello de Cortegada, e moi especialmente o apoio de ABANCA e dos diversos patrocinadores que fan posible a celebración deste evento dentro da Semana ABANCA 2025.