No ano 2026 a FGEN celebrará o proceso electoral para a renovación dos seus órganos de goberno, conforme á normativa vixente e aos seus estatutos.
Este proceso permitirá ás persoas e entidades integrantes da Federación participar activamente na elección da Asemblea Xeral e da Presidencia, garantindo a transparencia, a igualdade de oportunidades e o correcto desenvolvemento democrático.
Neste apartado publicarase toda a información relevante: convocatoria oficial, calendario electoral, censo provisional e definitivo, normativa aplicable, candidaturas presentadas, así como os resultados finais.
A FGEN anima a todos os clubs, deportistas, técnicos e xuíces a participar neste proceso fundamental para o futuro da esgrima galega.
