ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO XULLO 2023
Convócase a Asemblea Xeral e a Comisión Delegada Ordinaria para o mércores día 13 de xullo de 2023 as 20:00h. No Club Náutico San Telmo sito en Baixada o Embarcadoiro s/no, Tui. Pontevedra.
O Clube Esquí Náutico Dummies en Colaboración ca Federación Galega de Esquí Náutico organiza a finales do mes de Xullo e pincipios de Agosto un curso de Figuras impartido por o Subcampión de España Alvaro Montes. A duración do Curso será de 3 días consecutivos*, durante as tardes en horario de 16:00 a 20:30h.
O curso realizarase no Encoro de Frieira nas inmediacións da Vila De Cortegada, no antigo Balneario. O curso realizarase cunha inscripción mínima de 6 persoas.
O curso inclue a Licencia Federativa individual anual por importe de 75€ (se pode consultar o prezo na paxina web da Federación), tamén se inclue o material necesario para a práctica. O custe total por o conxunto será de 200€.
*As datas poden sufrir variacións en función dos inscritos.
Para máis información: clubdummies@gmail.com ou no tel: 678022155
A Federación consciente da necesidade do Deporte Base concederá unha axuda de ata 1000€ (mil Euros) os Clubes Galegos que fomenten o Deporte base de deportistas menores de 16 anos e o Deporte Adaptado.
As bases das axudas poderanse solicitar mediante correo electrónico info@fgen.net ou no teléfono 667767527.
A data límite de solicitude será o día 31 de xullo. E o tempo máximo para o desenrolo da actividade finalizará o 31 de outubro.
A continuación se detalla o custe por licenza. Recordamos que os seguintes clubes poden realizar licencias federativas a través da FGEN.
Clube Náutico San Telmo
Clube Náutico Arcade
Clube Esquí Náutico Dummies
Agolada Clube Náutico
Tamén se pode solicitar a través do email da Federación ou whatsapp o teléfono 629370408. Para validar a licenza e necesario ingresar o importe na conta da Federación ES24 2080 0467 7130 4001 0331. No concepto e necesario indicar «DNI e tipo licencia»
O importe da licenza e igual para tódalas disciplinas, sólo existe recreacional, competición ou de monitor.
A FGEN ven de confirmar o Patrocinio e celebración do Open Ibérico as datas 1, 2 e 3 de septembro (Cortegada). En breve se informará dos prezos, plazos de inscripción e os patrocinios. Inscripción subvencionadas as realizadas antes do día 1 de agosto.
A secretaria Xeral para o deporte onte día 27 de febreiro procedeu a entrega de material subvencionado os Clubes da provincia de Ourense. Entres estes clubes estaba incluido o Clube Esquí Náutico Dummies que adquiriu unha nova furgoneta. Durante as próximas datas será entregado material o resto de Clubes Galegos de Esquí Náutico no que se atopa Agolada Clube Náutico con sede en Pontevedra.
A Federación Galega confirma o novo patrocinio de Abanca e a inclusión na Semana Abanca das disciplinas de Slalom, Wakesurf e Wakeboard.
O campionato celebrarase no encoro de Frieira, no centro que ten a Federación Galega en Cortegada. A data de celebración será o próximo 26 e 27 de Agosto. En breve se facilitará máis información sobre o evento.
Para a celebración das votacións constituiranse o día 8 de outubro (sábado):
I) Mesa electoral para a votación a candidaturas da asemblea xeral da federación galega de Esquí Náutico . Constituiranse as seguintes mesas electorais:
a) Mesa Sur sita na sede federativa Rúa Carlos Maside s/nº 32002, Ourense . O horario de apertura da mesa seráde 16 a20 horas. Nesta mesa exercerán o seu dereito a oto as persoas electoras de toda Galicia.
a) Mesa Norte sita Servizo Provincial de Deportes da Coruña en Rúa Praza de Agustín Díaz, 1 (Complexo deportivo Elviña) – 15008 A Coruña. O horario de apertura da mesa seráde 16 a20 horas. Nesta mesa exercerán o seu dereito a oto as persoas electoras de toda Galicia.