Categorías
Uncategorized

A Coruña acollerá unha espectacular Exhibición Náutica o 22 de novembro

A Federación Galega de Esquí Náutico e Wake (FGEN) anuncia a celebración da Exhibición Náutica Cidade da Coruña, que terá lugar o vindeiro 22 de novembro de 2025 no entorno da Marina Coruña, dentro do marco do A Coruña Nautical Festival.

A organización do evento foi acordada nunha reunión celebrada o pasado martes, na que participaron Alfonso Rey, representante da sección de wake da Federación Galega, Zulema Padro, en representación do Marítimo de Vigo, e Manolo Seoane, responsable da Semana Acanca. Xunto con Jacobo Pereira, presidente da FGEN, definíronse os principais detalles desta exhibición que busca achegar á cidadanía o mundo dos deportes náuticos.

A exhibición incluirá demos espectaculares de wakeboard, wakesurf e Dragon Boat 22, contando coa participación de deportistas galegos de referencia. Será unha xornada gratuíta e aberta ao público, orientada tanto a afeccionados como ao público xeral.

O evento conta co apoio institucional do Concello da Coruña, Turismo da Coruña, Deporte Galego, a Xunta de Galicia, así como da Marina Coruña e empresas colaboradoras como Gadis, Vanguard, ATX Surf Boats, entre outras.

Desde a Federación agradecemos o compromiso e implicación de todas as entidades participantes, e convidamos a toda a veciñanza a gozar dunha auténtica festa náutica na cidade herculina.

Categorías
Uncategorized

🎉 Simoneta Suárez remata 10ª de Europa e fai historia para o esquí náutico galego 🌊🇪🇺

A nosa deportista Simoneta Suárez acadou un espectacular 10º posto no Campionato de Europa sub14, celebrado esta semana en Seseña (Toledo), converténdose nunha das mellores esquiadoras da súa categoría a nivel continental.

🔝 Con tan só 13 anos, Simoneta deixou atrás a rivais de potentes seleccións como Francia, Italia ou Reino Unido, demostrando un talento e unha madurez deportiva que auguran un futuro brillante para o esquí náutico galego e español.

💪 Este resultado é froito dun programa de adestramentos tutelado polo adestrador e récord absoluto de España Iván Morros, nas instalacións de Botaski, onde se preparou en condicións de máximo nivel competitivo.

📣 Este gran paso adiante foi posible grazas ao apoio da Federación Galega de Esquí Náutico, do Clube Esquí Náutico Dummies e da Deputación de Ourense, que subvencionaron en gran medida esta preparación deportiva de alto nivel.

📺 A gran final disputouse o domingo e puido seguirse en directo a través de streaming, cunha gran expectación por parte da comunidade deportiva.

Desde a FGEN felicitamos con orgullo a Simoneta e continuamos traballando para ofrecerlle ás nosas promesas as mellores condicións para seguir medrando. O futuro do esquí náutico galego está asegurado!

Categorías
Uncategorized

🌊🏆 Simoneta Suárez, preparada para a final do Europeo U14 tras un excelente resultado nas eliminatorias

A nosa deportista Simoneta Suárez está a brillar no Campionato de Europa U14 en Seseña (Toledo), conseguindo un excelente resultado nas eliminatorias que lle permite clasificarse para disputar as finais este domingo 🙌.

🎯 Final: domingo 21 de xullo
🕗 Hora: 8:00 h (hora galega)
📺 Síguea en directo en streaming:
🔗 https://www.youtube.com/live/7tO-Ldgq7lM?si=Jh_2vOtGaii-W3lN


💙 Apoio da FGEN e adestramentos de elite en Botaski

Este logro é froito do traballo constante e tamén do apoio da Federación Galega de Esquí Náutico, que vén de impulsar un programa de adestramentos específicos para Simoneta nas instalacións de Botaski (Madrid) 🛶.

Durante estas sesións, estivo tutelada polo adestrador e récord absoluto de España, Iván Morros 🇪🇸, un referente nacional que compartiu colexios clave para mellorar o rendemento e perfeccionar a técnica de cara a competicións internacionais.

📍 Lugar: Botaski (Madrid)
👤 Adestrador: Iván Morros
📅 Período: preparación previa ao Europeo
🎯 Obxectivo: Alto rendemento e pulido técnico


Desde a FGEN queremos felicitar a Simoneta polo seu gran papel e animar a toda a familia do esquí náutico galego a seguíla en directo este domingo. A forza do deporte base está no apoio colectivo! 💪🌟

Categorías
Uncategorized

Open Ibérico Copa Deputación Ourense

🌊 CHEGA A COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE 2025 – OPEN IBÉRICO 🏄‍♀️

Os vindeiros 22 e 23 de agosto de 2025, a Pista de Cortegada, no río Miño (Ourense), será o escenario dunha nova edición da Copa Deputación de Ourense – Open Ibérico, enmarcada na prestixiosa Semana ABANCA.

Este evento reunirá ás e aos mellores especialistas nas disciplinas de wakeboard, wakesurf e esquí náutico, nunha cita que xa é referente no calendario ibérico dos deportes acuáticos.

📅 O 22 de agosto estará reservado para os adestramentos oficiais
🏆 O 23 de agosto celebrarase a competición oficial, aberta a todas as categorías.

A organización corre a cargo do Clube Esquí Náutico Dummies, coa colaboración da Federación Galega de Esquí Náutico, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e numerosos patrocinadores que fan posible esta gran cita deportiva.

🔗 Para máis información, consulta o programa escaneando o código QR do cartel.