LICENCIAS FEDERATIVAS FGEN 2009
Xa están á disposición as licencias federativas da Federación Galega de Esquí Náutico. Os prezos das mesmas son:
- Licencia de cusillo ou escola válida 1 mes: 8€
- Licemcia anual menor 14 anos: 8€
- Licencia anual 14-17 anos: 15€
- Licencia anual maior de 18 anos: 25€
- Licencia de tecnico: 30€
CURSO MONITORES TERRITORIAIS SINAS 2009
Bos días, según o acordo da Xunta Directiva da Federación, o Curso de Monitores Territoriais que se vai celebrar a semana do 6 o 12 de abril en Sinas constará das seguintes fases:
Fase teórica na que se impartirán as seguintes asignaturas:
Teoría do Esquí Náutico
Adestramento deportivo
Medicina deportiva. Primeiros auxilios
Metodoloxía da ensinanza-psicoloxía deportiva
Embarcacións
Dereito deportivo. Lexislación
Organización
O final da parte teórica realizarase un exame tipo test, no que o alumno deberá superar obtendo como mínimo un 70% do computo total.
Fase práctica, a fase práctica terá unha duración mínima de dous días e impartirase en dúas das Escolas de Esquí Náutico Galegas, onde se recibirán clases de esquí náutico entre os futuros candidatos ó curso, o obxetivo das clases prácticas, dado o escaso tempo, será a práctica da ensinanza do esquí náutico; o rematalas prácticas cada un dos alumnos realizará un exame práctico.
Para poder superar o curso será necesario superar o exame teórico e práctico, de non pasar o exame teórico non haberá recuperación posible, obrigándose o alumno a realizar novamente o curso, a recuperación da parte práctica realizarase nas diferentes escolas de esquí náutico galegas cun exame final a finais da tempada de verao.
Os alumnos que superen as duas partes, serán obrigados a realizar un número determinado de horas de prácticas nas diferentes escolas galegas.
No commentsASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO 2009
Convócase a Asamblea Xeral Extraordinaria para o sábado día 14 de marzo de 2009 a celebrar no Hotel “Puerta del Camino”, sito en Santiago de Compostela na calle Miguel Ferro Caaveiro, próximo á AP-9, o lado do Estadio de San Lázaro, ás 10:00h en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria.
A orde do día será confeccionada según as cuestións que me fagades chegar, en principio e como falamos na Asemblea Xeral, trataremos principalmente os novos convenios, os campionatos e as Seleccións Galegas.
Rógase a asistencia e puntualidade dada a importancia que teñen os temas a tratar para o impulso do Esquí Náutico en Galicia.
Todos os clubes que se interesen nos convenios terán que presentar un borrador para que sexa estudiado, asemesmo prégase que para os entrenamentos das seleccións galegas, como se van celebrar nos diferentes clubes, propoñer datas e disponibilidade destes clubes.
Referente ós campionatos e como neste ano incorporaremos a Copa Galicia tamén será necesario tratar as datas e as probas a celebrar.
En Ourense, 8 de marzo de 2008.
O presidente,
Jacobo Pereira
No commentsASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACION
TROFEO EXCELENTÍSIMA DEPUTACION OURENSE 2008-CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE ESQUI NÁUTICO
Ó final da tempada e como é tradicional, celébrase en Barra de Miño no Concello de Coles O Campionato de Escolas Trofeo Exma. Deputación de Ourense, organizado integramente polo Club Local Crash Dummies, coincidindo nestes anos coa celebración do Campionato Galego Absoluto de Esquí Náutico campionato que por terceiro ano será “OPEN”.

Nas últimas edicións o campionato contou cunha participación moi satisfactoria en canto ó número de esquiadores, dos que a inmensa maioría son esquiadores principiantes procedentes das diferentes escolas repartidas por Galicia, cunha participación no 2007 de 28 participantes. Este ano grazas ó traballo da Federación e ó Club local Club Esquí Náutico Crash Dummies espérase que o número de esquiadores sexa aínda maior, temos que ter en conta que o ampliarse o campeonato a “OPEN” esperase a afluencia de esquiadores vidos de toda a península.
Debido a esta maior afluencia de participantes, a proba constará de entrenamentos e competición de slalom o sábado pola tarde. O domingo faranse dúas mangas eliminatorias pola mañá e dunha única final o mediodia para a modalidade de slalom. Sinalar tamén, que este ano o mesmo que o ano pasado o campionato constará de dúas modalidades, wakecrossing para os que están comezando e de slalom para os máis avanzados.

A data de celebración será o terceiro fin de semana do mes de septembro, o día 20 e 21, os horarios serán a partir das 16:00h o sábado e a partir das 10:00h o domingo.
Para inscribirse enviar un e-mail a info@fgen.net ou ben chamar o 667767527, o prezo da inscripción e de 5,00€ para a modalidade de wakecrossing e de 20,00€ para a modalidade de slalom, na inscripción incluese a comida do domingo. A data de peche das inscripcións será o 15 de septembro, OBLIGATORIO PRESENTAR A LICENCIA FEDERATIVA EN CURSO O DIA DO CAMPIONATO.
Para leer en Español haz click en el enlace de abajo.
No commentsOPEN INTERNACIONAL FGEN&NAUTIQUES 2008

Despois do éxito acadado na celebración da terceira proba do C.N.W. a tempada pasada en Tui, a FGEN (Federación Galega de Esquí Náutico), volve de novo este ano cunha proba cargada de novedades. Este evento, que será un open internacional aberto a todos aqueles riders que o dexesen e o mesmo tempo o Campionato Galego de Wakeboard, terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto nas tranquilas augas de Barra de Miño, Ourense, econtará co patrocinio de Nautiques España, o Concello de Coles y Reef.
A gran noticia para esta tempada é que, por primeira vez en Galicia, disporemos dun slider para a proba. O módulo, que foi aportado por Reef, é o mesmo que se utilizou na Reef Jam Sessions de Bilbao de 2006. E por si fora pouco, o “monstruo flotante” de 16 metros, ¡estará acompañado con 3.500€ de Cash Price!
A inscripción terá un coste de 40€ nunha categoría e 60€ en dúas. Próximamente se porá a dipor de todos o boletín oficial do evento con toda a información necesaria, un gran abanico de opcións para aloxarse, cómo chegar e a folla de inscripción. Mentras tanto, faced un hoco nas vosas axendas, ¡non volo perdades!
Traducción al Español pinchando en “Leer más”
Nova web da Federación
Benvidos a nova Web da Federación Galega de Esquí Náutico onde poñeremos a disposición de tod@s a actualidade do noso deporte. Dado que nestes días a páxina estará en probas, rogamos nos informedes de calquer mal funcionamento ou novas ideas a dirección de correo electrónico info@fgen.net
Un saúdo,
A Xunta Directiva da Federación
“Bienvenidos a la nueva Web de la Federación Gallega de Esquí Náutico donde pondremos a disposición de tod@s la actualidad de nuestro deporte. Puesto que en estos días la página estará en pruebas, rogamos que nos informéis de cualquier mal funcionamiento o nuevas ideas a la dirección de correo electrónico info@fgen.net”
No commentsClubes
VULCAN WAKEBOARD CLUB
LUGAR DE PRACTICA: A MALATA, FERROL
TELEFONO: 634795258
E-MAIL: INFO@VULCANWAKE.COM
EMBARCACIONES: CORRECT CRAFT SUPER AIR NAUTIQUE 210 TE
OBSERVACIONES:
ESPECIALIDAD EN WAKEBOARD INICIACIÓN-AMATEUR-PRO
CLUB ESQUI NAUTICO DUMMIES
DOMICILIO SOCIAL: HABANA Nº41 7º. 32003. OURENSE
LUGAR DE PRACTICA: RIO MIÑO, RIVELA OURENSE
TELEFONO: 629370408 FAX 988372218
E-MAIL: JACOBOPEREIRA1@GMAIL.COM
OBSERVACIONES:
CAMPO SLALOM PERMANENTE
EMBARCACIONES: MASTERCRAFT PROSTAR 197 2006
CORRECT CRAFT SKI NAUTIQUE 1981
CLUB NÚATICO ARCADE:
DOMICILIO SOCIAL: Muelle Laforet S/N Arcade 36690
Teléfono: 627.900.571
Paxina web: http://www.soutomaior.com/nautico_cast.htm
E-mail: nauticoarcade@hotmail.com
Observaciones:
Especialidad iniciación esquí náutico
CLUB NOVASKI
DOMICILIO SOCIAL: Puerto deportivo de San Adrian de Cobres
Teléfono: 610556659
Paxina web: www.novaski.com
E-mail: info@novaski.com
Especialidad:
Esquí Náutico e Wakeboard
CLUB NÁUTICO SAN TELMO
DOMICILIO SOCIAL: BAIXADA AO EMBARCADOIRO 2, TUI-PONTEVEDRA
TELEFONO: 986.60.24.64
Páxina web: http://www.cnsantelmo.com/
E-MAIL: nautico@cnsantelmo.com
OBSERVACIONES:
Especialidad:
Iniciación e perfeccionamento do esquí náutico
No comments



