Archive for the 'Esquí náutico' Category
PRIMER ENTRENAMIENTO SELECCCION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO 2009
Convócase a Asamblea Xeral Extraordinaria para o sábado día 14 de marzo de 2009 a celebrar no Hotel “Puerta del Camino”, sito en Santiago de Compostela na calle Miguel Ferro Caaveiro, próximo á AP-9, o lado do Estadio de San Lázaro, ás 10:00h en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria.
A orde do día será confeccionada según as cuestións que me fagades chegar, en principio e como falamos na Asemblea Xeral, trataremos principalmente os novos convenios, os campionatos e as Seleccións Galegas.
Rógase a asistencia e puntualidade dada a importancia que teñen os temas a tratar para o impulso do Esquí Náutico en Galicia.
Todos os clubes que se interesen nos convenios terán que presentar un borrador para que sexa estudiado, asemesmo prégase que para os entrenamentos das seleccións galegas, como se van celebrar nos diferentes clubes, propoñer datas e disponibilidade destes clubes.
Referente ós campionatos e como neste ano incorporaremos a Copa Galicia tamén será necesario tratar as datas e as probas a celebrar.
En Ourense, 8 de marzo de 2008.
O presidente,
Jacobo Pereira
No commentsTROFEO EXCELENTÍSIMA DEPUTACION OURENSE 2008-CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE ESQUI NÁUTICO
Ó final da tempada e como é tradicional, celébrase en Barra de Miño no Concello de Coles O Campionato de Escolas Trofeo Exma. Deputación de Ourense, organizado integramente polo Club Local Crash Dummies, coincidindo nestes anos coa celebración do Campionato Galego Absoluto de Esquí Náutico campionato que por terceiro ano será “OPEN”.

Nas últimas edicións o campionato contou cunha participación moi satisfactoria en canto ó número de esquiadores, dos que a inmensa maioría son esquiadores principiantes procedentes das diferentes escolas repartidas por Galicia, cunha participación no 2007 de 28 participantes. Este ano grazas ó traballo da Federación e ó Club local Club Esquí Náutico Crash Dummies espérase que o número de esquiadores sexa aínda maior, temos que ter en conta que o ampliarse o campeonato a “OPEN” esperase a afluencia de esquiadores vidos de toda a península.
Debido a esta maior afluencia de participantes, a proba constará de entrenamentos e competición de slalom o sábado pola tarde. O domingo faranse dúas mangas eliminatorias pola mañá e dunha única final o mediodia para a modalidade de slalom. Sinalar tamén, que este ano o mesmo que o ano pasado o campionato constará de dúas modalidades, wakecrossing para os que están comezando e de slalom para os máis avanzados.

A data de celebración será o terceiro fin de semana do mes de septembro, o día 20 e 21, os horarios serán a partir das 16:00h o sábado e a partir das 10:00h o domingo.
Para inscribirse enviar un e-mail a info@fgen.net ou ben chamar o 667767527, o prezo da inscripción e de 5,00€ para a modalidade de wakecrossing e de 20,00€ para a modalidade de slalom, na inscripción incluese a comida do domingo. A data de peche das inscripcións será o 15 de septembro, OBLIGATORIO PRESENTAR A LICENCIA FEDERATIVA EN CURSO O DIA DO CAMPIONATO.
Para leer en Español haz click en el enlace de abajo.
No comments
