CURSO MONITORES TERRITORIAIS SINAS 2009
Bos días, según o acordo da Xunta Directiva da Federación, o Curso de Monitores Territoriais que se vai celebrar a semana do 6 o 12 de abril en Sinas constará das seguintes fases:
Fase teórica na que se impartirán as seguintes asignaturas:
Teoría do Esquí Náutico
Adestramento deportivo
Medicina deportiva. Primeiros auxilios
Metodoloxía da ensinanza-psicoloxía deportiva
Embarcacións
Dereito deportivo. Lexislación
Organización
O final da parte teórica realizarase un exame tipo test, no que o alumno deberá superar obtendo como mínimo un 70% do computo total.
Fase práctica, a fase práctica terá unha duración mínima de dous días e impartirase en dúas das Escolas de Esquí Náutico Galegas, onde se recibirán clases de esquí náutico entre os futuros candidatos ó curso, o obxetivo das clases prácticas, dado o escaso tempo, será a práctica da ensinanza do esquí náutico; o rematalas prácticas cada un dos alumnos realizará un exame práctico.
Para poder superar o curso será necesario superar o exame teórico e práctico, de non pasar o exame teórico non haberá recuperación posible, obrigándose o alumno a realizar novamente o curso, a recuperación da parte práctica realizarase nas diferentes escolas de esquí náutico galegas cun exame final a finais da tempada de verao.
Os alumnos que superen as duas partes, serán obrigados a realizar un número determinado de horas de prácticas nas diferentes escolas galegas.
No commentsNo comments yet. Be the first.
Leave a reply
