FEDERACIÓN GALEGA DE ESQUÍ NÁUTICO

Archive for March, 2009

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE ESQUI NÁUTICO 2009

Convócase a Asamblea Xeral Extraordinaria para o sábado día 14 de marzo de 2009 a celebrar no Hotel “Puerta del Camino”, sito en Santiago de Compostela na calle Miguel Ferro Caaveiro, próximo á AP-9, o lado do Estadio de San Lázaro, ás 10:00h en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda convocatoria.

A orde do día será confeccionada según as cuestións que me fagades chegar, en principio e como falamos na Asemblea Xeral, trataremos principalmente os novos convenios, os campionatos e as Seleccións Galegas.

Rógase a asistencia e puntualidade dada a importancia que teñen os temas a tratar para o impulso do Esquí Náutico en Galicia.

Todos os clubes que se interesen nos convenios terán que presentar un borrador para que sexa estudiado, asemesmo prégase que para os entrenamentos das seleccións galegas, como se van celebrar nos diferentes clubes, propoñer datas e disponibilidade destes clubes.

Referente ós campionatos e como neste ano incorporaremos a Copa Galicia tamén será necesario tratar as datas e as probas a celebrar.

En Ourense, 8 de marzo de 2008.

O presidente,

Jacobo Pereira

No comments